Proposta da patronal no Convenio da sanidade privada da Coruña
Unha proposta que queda moi lonxe de ser considerada seria
- Sanidade Privada
A negociación:
A mesa de negociación do Convenio colectivo de ESTABLECEMENTOS SANITARIOS DE HOSPITALIZACIÓN, ASISTENCIA, CONSULTA E LABORATORIOS DE ANÁLISES CLÍNICAS constituíuse o pasado mes de novembro do 2022.
CIG - Saúde e máis os sindicatos con representación (UGT e CCOO), entregaron no mes de xaneiro unha proposta de convenio renovado, onde apostabamos pola redución da xornada anual, un incremento salarial que nos permita recuperar o poder adquisitivo perdido, unha actualización do réxime de permisos e máis cousas que no actual convenio botabamos en falta.
Presentamos un documento completo revisando a totalidade dos artigos.
Proposta da patronal:
O pasado 16 de maio, a patronal da sanidade privada presenta a súa proposta para a negociación do convenio.
Esta proposta non presenta alternativa á totalidade dos artigos que contemplaba o noso documento. Presentan unha oferta claramente insuficiente, resultando imposible considerala seria.
- Incremento retributivo do 2% por ano nun convenio de 4 anos (2023 - 2026). Só no 2022 o IPC creceu nun 5,7%. Indignante que existan salarios que nin chegan ao SMI.
- Rematar co 100% do salario en caso de baixa. Ata o de agora cobrábase o 100% fora cal fora o motivo da baixa.
- Xornada anual de 1800 horas. O convenio de Pontevedra marca 1770h, POVISA 1729h, e o SERGAS recentemente asinou as 35h semanais.
- Trienios: limitar o seu cobro. O único que poñía en valor os servizos prestados na empresa.
- Novo plus de 20 euros para o traballo a quendas: lonxe da nosa proposta de entre un 5% e un 10% do salario base.
- Nova proposta de clasificación profesional: non chega a equiparar salarios dentro do mesmo grupo profesional.
Esta proposta queda moi lonxe de poder ser considerada "seria"
- NON podemos aceptar propostas que manteñan os nosos salarios en niveis ridículos.
- NON podemos aceptar que a nosa xornada de traballo siga a ser das máis altas de Galiza.
- NON imos permitir retrocesos nos dereitos conquistados.
Seguiremos tentando a negociación, máis semella evidente que teremos que facer que nos tomen en serio.