Propostas de CIG-Saúde no grupo de traballo de temporalidade do Ministerio de Sanidade

  • Sanidade Pública

A Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade, insta ao Ministerio de Sanidade a modificar a Lei 55/2003, de 16 de decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.

CIG-Saúde vén de remitir ao Ministerio de Sanidade as seguintes consideracións para que sexan tidas en conta na negociación da modificación do Estatuto Marco.

  • Solicitamos a creación dun código identificativo de persoal, que permita coñecer con exactitude, o cadro de persoal de cada servizo de saúde.
  • Denunciamos o perigo de que se privaticen mais servizos públicos amparándose no artigo 10.2 da Lei 20/2021: "Transcorridos 3 anos desde o nomeamento do persoal funcionario interino producirase o fin da relación da interinidade, e a vacante só poderá ser ocupada por persoal funcionario de carreira, salvo que o proceso selectivo quede deserto".
  • Solicitamos a negociación dun novo Estatuto Marco; que regule a xornada, que recoñeza a exención de noites ás persoas maiores de 55 anos, que regule a xubilación parcial e anticipada con nomeamento de relevo...

Volver