Próxima convocatoria de carreira do ano 2026
- Carreira profesional
- Sanidade Pública
Apróbase a convocatoria de carreira para o ano 2026.
Calendario previsto:
- Apertura de solicitudes: Primeira quincena de agosto (para persoal con vínculo activo do 1 de agosto ao 30 de setembro).
- Prazo de solicitude: Ata o 30 de setembro.
- Subsanación solicitudes en estado borrador ou pendentes de confirmación: Do 1 de outubro ao 16 de novembro (con avisos por SMS e Notifica.gal).
- Lanzamento de enquisas: A mediados de outubro (tras pechar a convocatoria).
Na Área IV en Compromiso coa organización poderase obter 1 punto para esta convocatoria:
- Por contestar todas as enquisas que reciba o profesional a través do FIDES.
- Por realizar os cursos (1 punto/curso):
- Sostibilidade no Servizo Galego de Saúde.
- A comunicación coas persoas xordas na consulta.
- Coñece a túa organización. Está pendente de que nos confirmen este curso de ACIS.
CIG-Saúde denunciamos que o curso de Sostibilidade no Servizo Galego de Saúde segue a ter un único intento. Solicitamos que se permitan dous intentos.
Outras cuestións importantes
Enviarán avisos por SMS e correo electrónico a todas as persoas que poden acceder a un grao de carreira nesta convocatoria, ditos avisos reiteraranse 4-5 veces durante o prazo de presentación de solicitudes.
No caso das solicitudes de grao que impliquen a permuta do grao anterior, FIDES mostrará un aviso que a persoa solicitante deberá confirmar antes de continuar coa tramitación. Así mesmo, cando a solicitude se asine mediante certificado dixital, o propio documento recollerá expresamente que a solicitude implica a permuta do grao anterior, deixando constancia de forma explícita desta circunstancia.
No FIDES pode visualizarse no apartado de Expediente de carreira os días de permanencia computados en tempo real en cada unha das categorías.
Aclárase que o curso de competencias dixitais intermedias organizado por AMTEGA de 250 horas, é un curso transversal de informática e como tal puntúase en horas.