PSX: A categoría esquecida na Atención Primaria

  • Atención primaria
  • Sanidade Pública

Despois de 30 anos da creación da categoría estatutaria de PSX no ano 1996, as profesionais ven como a categoría asume novas competencias e manexa cada vez máis aplicacións e ferramentas informáticas: XIDE, CRM100...

O único que non mudou é que segue a ser unha categoría polivalente e que continúa a ser o primeiro contacto coas usuarias e usuarios dos centros de saúde, sostendo o funcionamento diario da atención primaria.

Con áreas administrativas obsoletas:

  • Falta total de confidencialidade.
  • Sen espazos adecuados para a atención de persoas con mobilidade reducida ou con algunha discapacidade.
  • Sen posibilidade real de adaptación dos postos para o propio persoal PSX cando existen problemas de saúde.

Cun número de persoal PSX totalmente arbitrario nos centros:

  • Non se axustan á carteira de servizos do centro.
  • Non se axustan ao volume de poboación asignado ao centro.

Sen a convocatoria de Xefaturas de Equipo:

  • Que permitan establecer unha coordinación real da categoría, imprescindible nos centros con maior volume de persoal e actividade.

Cun sistema retributivo totalmente obsoleto:

  • Que debera adecuarse en función das carteiras de servizos dos distintos centros, ligando as retribucións ás TIS, ao igual que no resto de categorías de atención primaria.

A realidade é clara: a categoría PSX sostén boa parte do funcionamento do sistema sanitario, mais continúa invisibilizada, e sen recoñecemento real.

CIG-Saúde reivindicamos condicións laborais e retributivas dignas.

Non é unha categoría auxiliar nin secundaria!

Volver