Publicación baremación definitiva da fase de concurso da OPE de diversas categorías

Hoxe publícanse no DOG as baremacións definitivas da fase de concurso, e aspirantes seleccionados/as da OPE de diversas categorías

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Prazo de UN MES para presentar a seguinte documentación (do 20 de febreiro ao 20 de marzo):

- Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

- Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

- Certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na sua falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

- Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

- Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar  orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Volver