Publicación baremación definitiva da fase de concurso (OPE) e publicación dos/das aspirantes seleccionados/as

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe publícanse no DOG as Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polas que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos de diversas categorías, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as.

Prazo de UN mes para a presentación da documentación xustificativa: do 25 de febreiro ao 24 de marzo de 2021.

- Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

- Certificado médico oficial en que se acredite a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións propias da categoría.

- Certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na sua falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

- Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.

- Os/as aspirantes seleccionados/as que accederon pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar  orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada dentro do prazo de presentación de solicitudes.

 

Volver