Publicación baremación provisional do concurso de méritos de estabilización de médico/a de familia

Prazo de reclamacións de dez días hábiles

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se declaran con carácter definitivo as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, e se publican as puntuacións provisionais para o ingreso na categoría de médico/a de familia de atención primaria, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022.

Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as as persoas excluídas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación.

Os/as aspirantes admitidos/as poderán presentar reclamación contra a baremación provisional ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles, do 14 ao 28 de xullo de 2023.

Volver