Publicación convocatorias OPE diversas categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
Hoxe, publícase no DOG as Resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos, polas que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:
SISTEMAS DE ACCESO: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 4 de xuño ao 3 de xullo de 2019.
As solicitudes de participación no concurso-oposición dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.
Poderán presentarse:
- por rexistro electrónico (requirirase un certificado dixital válido: FNMT,DNI electrónico ou Camerfirma),
- de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,
- ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Valoraranse os méritos ata o día inmediatamente anterior ao da publicación da convocatoria no DOG.
No formulario de inscrición, inclúese a verificación automática de determinados requisitos, sen necesidade de ter que aportalos en papel. Tal é o caso de:
- DNI ou NIE.
- Certificado de discapacidade emitido na Comunidade Autónoma.
- Desempregados/as de máis de 6 meses a nivel estatal.
- Condición de familia numerosa recoñecida na Comunidade Autónoma.
No caso de que non se queira autorizar dita verificación terase que marcar esa opción na inscrición, e daquela presentará en papel toda a documentación.
O resto de requisitos teranse que aportar fisicamente (título, pasaporte...).
PAGO DE TAXAS:
- 42,24 euros, as categorías de licenciados/as sanitarios/as
- 25,81 euros, a categoría de TCAE
Salvo, exencións totais por discapacidade igual ou superior ao 33%, e membros de familias numerosas da categoría especial; e exencións parciais do 50% dos membros de familias numerosas de categoría xeral, e dos demandantes de emprego desde, polo menos, os 6 meses anteriores e que non estean a percibir ningunha prestación ou subsidio por desemprego.