Publicación da baremación definitiva do concurso de méritos de FEAP
Prazo de presentación de documentación e de elección de destinos, do 18 de decembro ao 2 de xaneiro
- Oposicións
- Sanidade Pública
Informan que os listados coa baremación definitiva están publicadas na páxina web do SERGAS.
Todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días (do 18 de decembro ao 2 de xaneiro de 2024) para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que lle imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría nas condicións da oferta de prazas que se detallan no anexo I da resolución de convocatoria do proceso.
c) Certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e
solicitar no seu nome a oportuna certificación.
d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.
A documentación requirida deberá presentarse nun rexistro administrativo e deberá dirixirse á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de
Compostela.
Todos/as os/as aspirantes que participan no proceso disporán do prazo de dez días (do 18 de decembro ao 2 de xaneiro de 2024) para que, a través do Fides/expedient-e, seleccionen telematicamente os destinos ofertados por orde de prelación entre a relación de prazas ofertadas.