RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social.
RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de calefactor/a, electricista, fontaneiro/a e mecánico/a.
RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de costureiro/a, lavandeiro/a e pasador/a de ferro.
RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información.
RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de condutor/a.
A quen se dirixen as solicitudes de participación na OPE?
Dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.
Como se poden presentar as solicitudes?
Por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Que prazo hai para inscribirse?
Do 6 de xullo ata o 31 de agosto de 2021.
Que documentación teño que presentar?
- NIF, xustificante do pago de taxas e copia compulsada do título.
- Actualización de todos os méritos.
- Acreditación da lingua galega.