Publicación da convocatoria de OPE de diversas categorías
A quen se dirixen as solicitudes de participación na OPE?
Dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.
Como se poden presentar as solicitudes?
Por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Que prazo hai para inscribirse?
Do 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2021.
Que documentación teño que presentar?
- NIF, xustificante do pago de taxas e copia compulsada do título.
- Actualización de todos os méritos.
- Acreditación da lingua galega.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas