Publicación da convocatoria de OPE de enfermeiro/a

Prazo de inscrición, do 25 de marzo ao 15 de xullo de 2022

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a.

A quen se dirixen as solicitudes de participación na OPE?

Dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición.

Como se poden presentar as solicitudes?

Por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Que prazo hai para inscribirse?

Do 25 de marzo ata o 15 de xullo de 2022.

Que documentación teño que presentar?

  • NIF, xustificante do pago de taxas e copia compulsada do título.
  • Actualización de todos os méritos.
  • Acreditación da lingua galega.

Volver