Publicada no BOE a Resolución de 20 de decembro de 2021, da Dirección General de Ordenación Profesional, pola que se anuncia a data de realización do exercicio e noméanse as Comisións calificadoras das probas selectivas convocadas pola Orden SND/948/2021, de 8 de setembro, pola que se aproba a oferta de prazas e a convocatoria de probas selectivas 2021 para o acceso no ano 2022, a prazas de formación sanitaria especializada para as titulacións universitarias de grao/licenciatura/diplomatura de Medicina, Farmacia, Enfermaría e ámbito da Psicoloxía, a Química, a Bioloxía e a Física.
A proba realizarase o 29 de xaneiro de 2022.
O acceso ás aulas será escalonado, comezando a partir das 15,00 horas.
As indicacións de cada centro publicaranse na páxina do Ministerio de Sanidade antes do 26 de xaneiro de 2021.
Todas as persoas aspirantes deberán cumprir as instrucións COVID-19.