Publicación da data, hora e lugar dos exames de OPE do SERGAS
- Oposicións
- Sanidade Pública
Hoxe, 16 de outubro, publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario do Sistema sanitario público de Galicia.
1. Calendario de exames por categorías.
|
2. Documentación obrigatoria e normas de acceso
| Requisito | Indicación |
|---|---|
| Documento de identidade | DNI ou outro documento fidedigno de identificación. |
| Código QR | Obrigatorio presentalo impreso. Sen el non se permite o acceso. |
| Onde obter o QR | Fides/expedient-e, dispoñible desde o 16 de outubro. |
| Bolígrafo | Azul ou negro, de tinta indeleble. |
| Mochila ou bolso | Un só, de tamaño pequeno, que deberá permanecer no chan durante o exame. |
| Alimentos | Prohibidos, agás por causa médica xustificada. |
| Dispositivos electrónicos | Prohibido acceder con móbiles, reloxos, auriculares e outros dispositivos electrónicos ou con memoria. Non haberá servizo de recollida. |
3. Desenvolvemento das probas e xustificantes
| Cuestión | Información |
|---|---|
| Exercicios | Todos os exercicios da fase de oposición realizaranse na mesma sesión. |
| Orde | 1. Parte común. 2. Parte específica. 3. Proba de galego. |
| Certificado de asistencia | Dispoñible en Fides/expedient-e desde o día seguinte ao exame. |
| Xustificantes no recinto | Non se entregarán certificados presencialmente. |
4. Embarazo, parto e lactación materna
| Situación | Medidas e prazos |
|---|---|
| Embarazo con ingreso hospitalario, IT relacionada ou parto recente | Posibilidade de realizar o exame nun hospital galego nas condicións recollidas na resolución. |
| Comunicación previa | Comunicar a situación e a vontade de examinarse no hospital cun mínimo de 72 horas de antelación. |
| Xustificación do ingreso | Debe recibirse, como mínimo, 5 horas antes do inicio do exame. |
| Parto o día do exame | Se non é posible realizar a proba no hospital, poderá realizarse nos 15 días seguintes, segundo o procedemento establecido. |
| Lactación durante o exame | Debe solicitarse nos 5 días hábiles seguintes á publicación da resolución, con excepción para maternidades posteriores ao prazo. |
| Lactación antes do exame | Haberá unha sala habilitada fóra do recinto, sen necesidade de solicitude. |
| Correo para solicitudes | oposicions@sergas.es |
5. Prazos e cuestións que cómpre lembrar
| Trámite | Prazo ou condición |
|---|---|
| Publicación da resolución | 16 de outubro de 2026. |
| Solicitude de lactación durante o exame | 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación. |
| Comunicación para exame hospitalario | Mínimo 72 horas antes, coas condicións adicionais de xustificación. |
| Recurso potestativo de reposición | Un mes desde o día seguinte á publicación. |
| Recurso contencioso-administrativo | Posibilidade de impugnación directa ante a xurisdición correspondente. |