Publicación da lista de chamamentos de técnicos/as de saúde de atención primaria

Información chegada do SERGAS

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Informan que está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde, en https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/DE_TEC_SAUDE, a lista coa orde de chamamentos a seguir para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais como técnico/a de saúde de atención primaria, en aplicación do criterio establecido no anexo III, A), punto sexto do vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal, en tanto non se publica a lista definitiva baremada.

 

A orde a seguir para os chamamentos é a seguinte:

1º) En primeiro lugar, os/as aspirantes ordenados pola data de obtención do título oficial de Licenciado/Graduado en Medicina, situando en primeiro lugar os títulos máis antigos.

2º) En caso de empate, tense en conta a data de presentación en rexistro da inscrición de participación no proceso.

3º) De persistir o empate, tómase en consideración a data interna de alta da inscrición en Fides/expedient-e, situando nestes dous últimos supostos a  máis recente en último lugar.

 

Informar tamén que está previsto que o 28 de febreiro se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se aproban as puntuacións provisionais, conforme a baremo, das listas de selección temporal desta categoría.

Volver