Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/a do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2019

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2019 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

As listas coa relación provisional de admitidos/as e excluídos/as en cada unha das categorías están publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

A relación de prazas ofertadas por categoría e os centros, e mais aquelas en que poden existir resultas, está publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), na sección de emprego público/concurso de traslados/concurso de traslados aberto e permanente 2019.

Prazo para poder modificar a relación de prazas: 15 días naturais ( do 29 de marzo ao 12 de abril de 2019).

Volver