Publicación das listas provisionais de contratacións de diversas categorías
Prazo de reclamacións de 10 días hábiles
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.
Publícanse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de:
- enfermeiro/a
- enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
As persoas interesadas poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles
contados a partir do seguinte ao da súa publicación, do 15 ao 26 de xaneiro de 2024.
IMPORTANTE
Sobre a nota de OPE incluída nas listas de enfermeiro/a e enfermeiro/a do 061, é importante aclarar o seguinte:
- As listas provisionais de contratacións inclúen a nota da OPE anterior, non inclúen a nota do último exame de oposición realizado porque non está finalizada a fase de oposición (so están publicadas as notas provisionais).
- Cando publiquen as listas definitivas de contratacións incluirase a nota deste último exame de oposición porque daquela estarán publicadas as notas definitivas do exame de oposición.