Publicación de 23 medidas de igualdade para persoas traballadoras durante o embarazo
CIG-Saúde esixe a publicación das medidas acordadas sobre selección temporal
- Acordos Mesa Sectorial de Sanidade
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
Medidas relacionadas co acceso ao sistema
Realización dos exames de OPE
- A muller que estea de parto o día en que teñan lugar os exercicios da oposición e non sexa posible realizarlle a proba no hospital poderá efectuala dentro dos 15 días seguintes.
- As mulleres embarazadas ou que desen a luz días antes, e que por estes motivos estean ingresadas o día do exame, permitiráselles facer os distintos exercicios da fase de oposición nun centro hospitalario radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Realizarán, así mesmo, os exercicios no centro hospitalario aquelas embarazadas en situación de incapacidade temporal ou parto recente (unha semana) que, por razón desas situacións, non poidan desprazarse ao lugar onde se efectúen as probas.
Chamamentos para vinculacións temporais
- Reactivación automática nas listas unha vez rematadas as suspensións de chamamentos motivadas polo embarazo.
- Medidas relativas ao acceso aos nomeamentos estatutarios temporais en vínculos tanto de curta como de longa duración a prol da muller embarazada.
Medidas de mellora nas condicións de traballo
Pausas de descanso durante o traballo
- Recoméndanse pausas curtas e frecuentes de cinco minutos cada hora.
Quendas nocturnas
- Facilitarase o cambio de quendas de noite por quendas fixas de mañá e tarde, especialmente a partir do terceiro trimestre de embarazo.
Uniformidade
- Provisión de uniformes adaptados.
Cobro da atención continuada
- Nos supostos de maternidade, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural e nos supostos de adaptación de posto por lactación natural ou con causa de embarazo
- Percepción do 100 % das retribucións básicas e complementarias de carácter fixo, xunto coa media das retribucións variables aboadas no ano anterior ao mes en que dese comezo a correspondente situación, en concepto de atención continuada derivada da prestación de gardas, noites e festivos.
Cobertura das baixas maternais
- Substituiranse sempre que haxa dispoñibilidade na lista de selección temporal correspondente.
Adaptacións de postos de traballo
- Realizaranse adaptacións do posto de traballo, de ser o caso, mediante medidas de protección, así como de medidas organizativas, que poderán comprender, entre outras, a restrición de tarefas, así como medidas entre as cales se inclúe a realización de tarefas telefónicas, de xestión ou teletraballo (de resultar posible e tendo en conta as funcións que vai realizar a traballadora embarazada).
Permiso de lactación
- Garantir o desfrute de 150 horas no exercicio do dereito de lactación.
Medidas de coidado da saúde da embarazada
Exención de quendas de máis de 8 horas e gardas
- Por solicitude da traballadora será eximida das xornadas de máis de oito horas de traballo e da realización de gardas, especialmente a partir do terceiro trimestre de embarazo.
Exposición ao tráfico e á condución de vehículos
- Procurarase evitar a exposición da profesional ao tráfico e á condución de vehículos.
- Asignaránselle prazas e postos de traballo máis próximos, especialmente a partir do terceiro trimestre de embarazo, sempre que existan postos vacantes ou necesidades de substitucións de tres ou máis meses no ámbito da área sanitaria. Empregarase este sistema de provisión con carácter previo á utilización das listas de selección temporal.
Prazas de aparcamento
- Asignaranse prazas de aparcamento adaptadas e próximas aos accesos dos centros, sempre que sexa posible, especialmente a partir do terceiro trimestre de embarazo.
Menú saudable
- Disporase dun menú saudable e adaptado nas cafetarías das institucións sanitarias.
Medias de descanso
- Facilitaranse medias de descanso para evitar veas varicosas.
Cadeiras ergonómicas e repousapés
- Proporcionaranse cadeiras ergonómicas e repousapés en postos administrativos e naqueles postos que requiran que a profesional permaneza sentada cando menos a metade da xornada.
Apoio psicolóxico
- Estableceranse recursos para o apoio psicolóxico en caso de loito perinatal, falecemento do/da fillo/a, tratamentos de reprodución asistida, depresión posparto, etcétera.
Apoio para deixar de fumar
- Estableceranse recursos de apoio para deixar de fumar.
Medidas de conciliación e apoio á crianza
Recoñecemento médico
- Recoñecemento médico previo á reincorporación ao posto de traballo e entrevista para lactación natural.
Zonas para o coidado de nenos e nenas de 0-3 anos
- No caso de novos hospitais ou ampliación (no suposto de que por problemas estruturais non fose posible nas instalacións actuais) habilitaranse zonas para o coidado de nenos e nenas de 0-3 anos ou subscribiranse concertos con gardarías próximas.
Salas de lactación
- Habilitaranse salas de lactación e descanso suficientes nas cales as embarazadas poidan descansar comodamente co mobiliario axeitado.
Guía de maternidade/paternidade
- Proporcionarase unha guía de maternidade/paternidade (por nacemento de fillo/a).
Información sobre embarazo e conciliación
- Facilitarase un dossier informativo en materia de embarazo e conciliación da vida familiar e laboral.
Formación en autocoidado
- Formación e información en autocoidado en embarazo e posparto: coidados do bebé, alimentación saudable da nai e materias relacionadas con esta temática.