Publicación de listas provisionais de varias categorías

Actualización de listas de selección temporal

  • Selección Temporal

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal elaboradas ao abeiro do Pacto do 29 de abril de 2026 nas categorías de:

- albanel,

- bibliotecario/a,

- calefactor/a,

- carpinteiro/a,

- condutor/a,

- costureiro/a,

- electricista,

- enxeñeiro/a biomédico/a,

- enxeñeiro/a técnico/a,

- fontaneiro/a,

- grupo de xestión da función administrativa,

- grupo técnico da función administrativa,

- lavandeiro/a,

- mecánico/a,

- pasador/a de ferro,

- perruqueiro/a,

- técnico/a de grao medio en biblioteconomía e documentación,

- técnico/a de grao medio en prevención de riscos laborais,

- técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,

- técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información,

- técnico/a superior en ciencias da información,

- técnico/a superior en prevención de riscos laborais,

- técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e

- telefonista.

Segundo. As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e a orde de prelación provisionais obtidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos

Terceiro. Contra a resolución provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación, as persoas interesadas poderán presentar reclamación perante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

As persoas que, presentasen debidamente solicitude de inscrición, pero non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

 

Volver