Publicación do lugar, data e hora dos exames de OPE

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

IMPORTANTE

Como principais novidades respecto de anteriores procesos, por razóns organizativas derivadas do contexto sanitario actual, a acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR, que o/a aspirante terá á súa disposición desde a data desta publicación, en Fides/expedient-e, e que deberá levar impreso o día do exame. Non se efectuará chamamento individualizado dos/das aspirantes.

Así mesmo, cada aspirante terá asignado un número de posto de exame (mesa), que deberá ocupar para a realización das probas, e que se anticipará a efectos informativos desde o 3 de setembro na páxina web do Sergas ademais de formar parte da información contida no código QR.

Podes descargar aquí, o Protocolo de actuacións COVID-19 en procesos selectivos (versión completa e actualizada a 03/09/2021).

20210903 CIG informa medidas xerais COVID-19 nos procesos selectivos

 

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos o lugar, a data e a hora de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019.

  • técnico/a en farmacia (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral),
  • técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía,
  • técnico/a superior en hixiene bucodental,
  • técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico,
  • técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
  • técnico/a superior en radioterapia

Volver