
Publicación do lugar e a data de realización dos exames da OPE de persoal de servizos xerais (PSX), por discapacidade intelectual
24 de abril de 2021 ás 10 horas en Silleda
- Oposicións
- Sanidade Pública
Data: 24 de abril de 2021.
Hora: 10.00 horas.
Lugar: pavillón 1 do Recinto da Feira Internacional de Galicia, avenida Recinto Feiral, s/n, Silleda (Pontevedra).
As persoas aspirantes deberán acudir provistas do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, e de bolígrafo azul ou negro, de tinta indeleble.
A acreditación para o acceso ao lugar de realización das probas efectuarase a través de código QR.
Cada aspirante terá á súa disposición na Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e), a acreditación persoal con código QR, que deberá imprimir e presentarlla o día do exame ao persoal colaborador da porta que lle foi asignada, o que lle permitirá o acceso ao interior do lugar de realización das probas.