Publicación dos acordos de modificación do pacto de selección temporal

Sobre a quenda de promoción interna e a penalización por non contestar o teléfono

  • Sanidade Pública
  • Selección Temporal

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se dispón a publicación do Acordo da Mesa Sectorial de Sanidade, do 8 de febreiro de 2023, de modificación do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

Primeira modificación:

Disposicións especiais. Cláusula III.7. Promoción profesional.

  • Nas listas de ámbito autonómico, excepto as correspondentes á Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a alternancia do 50 % entre os chamamentos da quenda de promoción profesional e da quenda de libre sempre se efectuarán por categoría e distrito sanitario.
  • A alternancia entre a quenda de libre e a quenda de promoción profesional nun distrito sanitario debe facerse tendo en conta a duración do vínculo, diferenciando de modo independente entre estes dous bloques:

– Vínculos de duración entre dous meses e menos dun ano.

– Vínculos de longa duración.

 

Segunda modificación:

Réxime de penalizacións. Cláusula IV.1. Por renuncia ao nomeamento.

  • Nos chamamentos de carácter urxente efectuaranse dúas chamadas. Para os efectos do cómputo da penalización, neste tipo de chamamentos tan só se poderá contabilizar unha chamada como non atendida en cada día.
  • Nos chamamentos non urxentes, de facérense máis de tres chamadas nun día, só se contabilizará para efectos de penalización un máximo de tres chamadas non atendidas para ese aspirante e para ese día, sempre que entre elas medien 15 minutos.
  • Realizadas tres chamadas con intervalo inferior a quince minutos, o órgano competente poderá continuar co chamamento á seguinte persoa dispoñible pola orde da lista, pero só poderá contabilizar para efectos de penalización unha única chamada.
  • En ningún caso se poderán contabilizar para os efectos de penalizacións máis de tres chamadas non atendidas por aspirante e día, xa deriven de chamamentos urxentes ou non.

Volver