Publicación dos/as aspirantes definitivamente seleccionados/as na OPE de diversas categorías de FEAs

Inicia o prazo de elección de destino

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo especialista de área e se inicia o prazo para a elección de destino.

  • Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Oral e Maxilofacial
  • Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Pediátrica
  • Facultativo/a especialista de área de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora
  • Facultativo/a especialista de área de Inmunoloxía
  • Facultativo/a especialista de área de Oncoloxía Radioterápica

Publícase o cadro cos destinos ofertados e ábrese un prazo de DEZ días hábiles para solicitar de forma telemática por orde de preferencia, a través do FIDES, os destinos elixidos.

  • Prazo: do 9 ao 24 de maio de 2023
  • IMPORTANTE: recoméndase solicitar todos os destinos ofertados. Se unha persoa elixe menos destinos, e non resulta adxudicataria de ningún dos destinos elixidos, non obterá praza e decaerá do proceso de OPE.

Volver