Publicación dos destinos acadados de OPE de diversas categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
Están publicados na páxina web do SERGAS os listados coas aspirantes definitivamente seleccionadas e co destino adxudicado segundo a orde de prelación das seguintes categorías:
- calefactor/a
- cociñeiro/a
- condutor/a
- costureiro/a
- fontaneiro/a
- lavandeiro/a
- logopeda
- técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información
- técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información
- técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información
- telefonista
- terapeuta ocupacional
Debido a que houbo persoas que non entregaron a documentación requirida ou non solicitaron destino, está pendente que entreguen documentación as seguintes persoas por orde de puntuación para acceder ao nomeamento, das seguintes categorías:
- electricista
- mecánico
- pasador/a de ferro
- pinche
- traballador/a social
Está previsto que se publique no DOG a resolución para a toma de posesión no mes de setembro.