Publicación dos listados de admitidos/as e excluídos do concurso de traslados aberto e permanente do ano 2020

Apróbase a oferta de destinos para o ciclo de adxudicación do ano 2020

  • Concurso de traslados
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e se aproba a oferta de destinos no ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2020 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos.

As persoas excluídas dispoñen de dez días hábiles para corrixir o defecto que motivou a exclusión.

  • Do 5 ao 18 de xuño.

Todas as persoas participantes dispoñen de quince días naturais para modificar, de ser preciso, os destinos a elixir.

  • Do 5 ao 19 de xuño.

A relación de prazas ofertadas e de prazas a resultas pode descargarse na páxina do SERGAS en Emprego Público/Concurso de traslados.

Volver