Publicación listas definitivas admitidos/excluídos e exentos do exame de lingua galega de OPE de diversas categorías
- Oposicións
- Sanidade Pública
Hoxe publícanse no DOG as listas definitivas das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de:
- odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria
- médico/a de familia de atención primaria
- fisioterapeuta
- enfermeiro/a especialista: enfermaría de saúde mental, enfermaría do traballo, enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría obstétrico-xinecolóxica e enfermaría pediátrica.
- técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría
- persoal de servizos xerais (acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral)