Publicación das listas definitivas de selección temporal de diversas categorías
Entran en vigor o 28 de xullo de 2023.
- Sanidade Pública
- Selección Temporal
Apróbase a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas categorías de:
- facultativo/a especialista de área de medicina do traballo,
- facultativo/a especialista de área de psicoloxía clínica,
- farmacéutico/a de atención primaria,
- fisioterapeuta,
- logopeda,
- odontólogo/a de atención primaria,
- terapeuta ocupacional e
- traballador/a social.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.