Publicación listas provisionais admitidas/excluídas e nomeamento de tribunais de OPE
Declaración de exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publicáronse no DOG as Resolucións pola que se declaran, con carácter provisional, as persoas aspirantes admitidas e excluídas e as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías:
Alergoloxía | Análises Clínicas | Anatomía Patolóxica |
Anestesioloxía e Reanimación | Anxioloxía e Cirurxía Vascular | Aparello Dixestivo |
Cardioloxía | Cirurxía Cardiovascular | Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
Cirurxía Torácica | Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo | Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía |
Endocrinoloxía e Nutrición | Farmacia Hospitalaria | Hematoloxía e Hemoterapia |
Medicina do Traballo | Medicina Física e Rehabilitación | Medicina Intensiva |
Medicina Interna | Medicina Nuclear | Medicina Preventiva e Saúde Pública |
Microbioloxía e Parasitoloxía | Nefroloxía | Neurocirurxía |
Neurofisioloxía Clínica | Neuroloxía | Obstetricia e Xinecoloxía |
Oftalmoloxía | Oncoloxía Médica | Otorrinolaringoloxía |
Pediatría e as súas áreas específicas | Pneumoloxía | Psicoloxía Clínica |
Psiquiatría | Radiodiagnóstico | Radiofísica Hospitalaria |
Reumatoloxía | Uroloxía | Xeriatría |
técnico/a en farmacia | técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía | técnico/a superior en hixiene bucodental |
técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico | técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico | técnico/a superior en radioterapia |
- Médico/a de admisión e documentación clínica
- Médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a asistencial do 061
Prazo de reclamacións: DEZ días hábiles (do 23 de marzo ao 7 de abril de 2021)
- Para que as persoas excluídas poidan enmendar o motivo de exclusión
- Para persoas declaradas non exentas da realización do exercicio de galego
- Para persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas
Escrito dirixido á mesma unidade de validación á que se dirixiu a instancia de participación.