Publicación modelos definitivos de respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición da OPE 2016-2017
- Oposicións
- Sanidade Pública
Hoxe publícanse no DOG as Resolucións polas que se publican os modelos definitivos de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos convocados no 2018.
- Técnico/a superior en documentación sanitaria
- Grupo técnico da función administrativa e Grupo de xestión da función administrativa
- Enxeñeiro/a técnico/a
- Médico/a de familia de atención primaria
Presentación de reclamacións: cinco días hábiles seguintes á súa publicación ( do 12 ao 18 de febreiro).
Dirixidas ao tribunal, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.