Publicación plantilla definitiva respostas e puntuacións provisionais da fase de oposición de enfermeira/o

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe públicase no DOG a RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado pola Resolución do 1 de marzo de 2018.

Prazo de reclamacións: CINCO días hábiles (do 1 ao 5 de xullo de 2019)

Dirixidas á sede do tribunal da categoría de enfermeira/o, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.

Volver