Publicación da baremación provisional do concurso de méritos do persoal da Lei 17/1989
      Prazo de reclamacións do 29 de xullo ao 9 de agosto
  
  
  
    
- Oposicións
 - Sanidade Pública
 
Clases de:
- farmacéutico/a inspector/a de saúde pública,
 - inspector/a médico/a,
 - subinspector/a sanitario/a.
 
As puntuacións provisionais, así como as listas coa relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do motivo de exclusión, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Prazo de reclamacións contra a baremación provisional: dez (10) días hábiles, do 29 de xullo ao 9 de agosto de 2024.
- Reclamación dirixida ao tribunal correpondente.
 
As persoas excluídas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.
Novas Relacionadas
Últimas novas