Publicacion elección de destino de OPE de celador/a pola quenda de discapacidade intelectual

Ábrese un prazo de 10 días hábiles para a elección de destino

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade  intelectual, e se inicia o prazo para a elección de destino.

  • Ábrese un prazo de dez (10) días hábiles para que os/as aspirantes seleccionen os destinos ofertados por orde de prelación no formulario.

Descarga aquí o Formulario de selección de destinos.

  • Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo, dirixido a: Dirección Xeral de Recursos Humanos. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

 

Volver