Publicacion elección de destino de OPE de TCAE pola quenda de discapacidade intelectual

Ábrese un prazo de 10 días hábiles para a elección de destino

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e se inicia o prazo para a elección de destino.

  • Ábrese un prazo de dez (10) días hábiles (do 3 ao 14 de maio de 2021) para que os/as aspirantes seleccionen os destinos ofertados por orde de prelación no formulario.

Descarga aquí o Formulario de selección de destinos.

  • Logo de efectuada a selección de prazas, deberá asinar o formulario e presentalo nun rexistro administrativo, dirixido a: Dirección Xeral de Recursos Humanos. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

 

Volver