
Publicación listado provisional de persoas admitidas e excluidas no Concurso de traslados 2025
- Concurso de traslados
- Sanidade Pública
1.- Publicación do listado provisional de admitidos/a e excluídos/as de TODAS as categorías.
- As persoas excluídas teñen un prazo de DEZ días hábiles (do 25 de xuño ao 8 de xullo) para corrixir o defecto que motivou a exclusión, mediante solicitude por escrito que deberán dirixir á unidade de validación á cal se dirixise a solicitude de participación no concurso.
2.- Publicación da oferta de destinos correspondente ao ciclo de adxudicación do ano 2025 do concurso de traslados aberto e permanente para a provisión de prazas básicas nas categorías de médica/o de familia de atención primaria e facultativo/a especialista de atención primaria.
- As persoas admitidas nestas categorías teñen un prazo de QUINCE días naturais (do 25 de xuño ao 9 de xullo) para modificar a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada, se así o desexan.
- As persoas que opten por opten a algún dos destinos que exixen habilitacións específicas para o seu desempeño deberán rexistrar, dentro do prazo de quince días naturais anterior a posesión de tal competencia en Fides/expedient-e, na epígrafe «Outros méritos», e deberán acreditar documentalmente no mesmo prazo, mediante certificación orixinal ou copia compulsada ou auténtica dirixida á mesma unidade de validación en que presentaron a solicitude de participación.
Novas Relacionadas
Últimas novas