Publicación das listas definitivas de admitidos/as e excluídos do concurso oposición de diversas categorías

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publícanse no DOG as listas definitivas das aspirantes admitidas e excluídas, así como as exentas e non exentas do exercicio de lingua galega das seguintes categorías:

Grupo técnico da función administrativa,

Grupo de xestión da función administrativa

Grupo auxiliar da función administrativa (quenda discapacidade intelectual)

Técnico/a superior de anatomía patolóxica e citoloxía,

Técnico/a superior en dietética,

Técnico/a superior en documentación sanitaria

Técnico/a superior de laboratorio de diagnóstico clínico

Contra estas resolucións as persoas interesadas poderán interpoñer directa mente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

 

Volver