Publicada a OPE extraordinaria para a estabilización do emprego do SERGAS
Publícase no DOG a oferta pública de emprego extraordinaria do SERGAS en desenvolvemento da Lei 20/2021, para redución da temporalidade no emprego público
- Oposicións
- Sanidade Pública
Hoxe publícase no DOG a oferta pública de emprego extraordinaria que desenvolve a LEI 20/2022.
O número de prazas ascende a un total 2.568.
Cadro de prazas no arquivo adxunto, ao final da información.
- 760 son as ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente como mínimo nos tres anos anteriores ao 31 de decembro do 2020. Acceso por concurso oposición. A oposición terá unha valoración do 60% da puntuación total. Na convocvatoria establecerase as puntuacións mínimas para superar as probas. A fasde de concurso terá en conta maioritariamente a experiencia profesional O baremo de méritos detallarase nas respectivas convovacatorias.
- 1808 prazas corresponden ás que estivesen ocupadas con carácter temporal de forma initerropmpida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016. Disposición adicional 6ª e 8ª. Acceso polo sistema de concurso. O baremo de méritos concretarase nas respectivas convocatorias.
CIG-SAÚDE non apoiamos este decreto de oferta de emprego posto que estamos en desacordo co marco normativo da Lei 20/2021, posto que se mantén a taxa de reposición impedindo a convocatoria de todas as prazas vacantes de forma normalizada a través dos procesos selectivos.