Publicada en BOE a suposta "suba salarial" ao pesoal do sector público

  • Orzamentos
  • Sanidade Pública

A suba consuma a perda de poder adquisitivo do conxunto do persoal

Publicada hoxe en BOE a suba salarial pactada entre CCOO , UGT e o Goberno que consuma a perda de poder adquisitivo do persoal do sector público.

A suba acordada para os anos 2022-2024 non chega a contemplar a inflación de prezos deste ano.

En 2022 o incremento é dun 3,5% por cento, que inclúe o 2% xa aplicado desde xaneiro e ao que lle sumará en decembro, nun pago único, outro 1,5%. Por iso este ano o persoal ao servizo das administracións perde un 5,5%, polo tanto.

A resolución di que:

" Na nómina do mes de novembro de 2022 e nas posteriores abonaráse incluíndo o incremento adicional do 1,5 por cento. Este incremento adiconal aplicarase con efectos do 1 de xaneiro de 2022 ...

Os atrasos dos meses de xaneiro a outubro de 2022 correspondentes ao incremento do 1,5 por cento, abonaranse igualmente na nómina do mes de novembro..."

Para ver resolución pinche aqui.

Volver