Publicado hoxe o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
- Oposicións
Publícase o modelo definitivo de respostas correspondente a cada un dos exercicios que integran a fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso nas seguintes categorías polas diferentes quendas de acceso:
Persoal sanitario facultativo:
- odontólogo/a de atención primaria.
Persoal sanitario non facultativo:
- enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/a),
- enfermeiro/a especialista en saúde mental,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
- enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica,
- fisioterapeuta,
- terapeuta ocupacional,
- técnico/a superior en hixiene bucodental e
- técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
Persoal de xestión e servizos:
- técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información,
- enxeñeiro/a técnico/a,
- técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,
- grupo auxiliar da función administrativa e
- celador/a.
Publícase as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición dos correspondentes procesos selectivos.
Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.
As reclamacións deberán presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberán dirixirse á sede do tribunal a efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703, Santiago de Compostela.
A estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.
Novas Relacionadas
Últimas novas