Publicado o novo convenio da sanidade privada da provincia de Pontevedra
CIG non o asinou por considerar insuficientes as actualizacións salariais e as condicións laborais que se recollen.
- Convenios
- Sanidade Privada
A CIG-Saúde informa: despois de longas negociacións, foi finalmente asinado o novo convenio da sanidade privada da provincia de Pontevedra. Este acordo estará vixente ata o 31 de decembro de 2027. A pesar dalgunhas melloras puntuais, o convenio deixa moito que desexar. A CIG non o asinou por considerar insuficientes as actualizacións salariais e as condicións laborais que se recollen.
- Non se modifica o artigo “compensación e absorción”: os complementos do SMI e outros conceptos que melloraban a nómina poden facer que non haxa melloras reais. A CIG esixiu cambiar este punto: as nóminas son xa abondo precarias para que todo o persoal teña dereito a actualizacións reais e atrasos.
- Clasificación profesional (art. 9): actualízase a táboa pero non se describen tarefas. A CIG esixe unha descrición clara das funcións de cada categoría. Inclúen literalmente a redacción do desacordo, non é “habitual” para un convenio que recolle “acordos”.
- Promoción automática de auxiliares administrativos: o persoal con máis de 3 anos de antigüidade promociona a oficial Atención a quen xa viñese desempeñando esas funcións con outra categoría.
- Contrato fixo-descontinuo: poderá ser a tempo parcial!!!
- Contrato por acumulación de tarefas? Non existe na lexislación actual, foi substituído na última reforma laboral polo de “duración determinada por circunstancias da produción ou substitución da persoa traballadora”. Alguén non revisou ben a redacción.
- Xornada laboral: mantense igual (1770 horas e cómputo trimestral). Só se engade o dereito a librar 11 fins de semana ao ano, sen garantir un por mes.
- Incremento salarial:
|
|
2024 |
2025 |
2026 |
2027 |
|
|
3% |
2,4% |
2,8%* |
2,8%* |
*Pode actualizarse por incremento do IPC ata un máximo dun 3,5%
A nómina debe estar actualizada no mes seguinte. Teñen 2 meses para pagar os atrasos do 2024 e 2025
A CIG considera estes incrementos insuficientes: seguimos perdendo poder adquisitivo mentres as empresas aumentan beneficios.
- Plus de equidade: para quen cobre complemento SMI, engádese un plus adicional (15€/mes en 2025, 20€ en 2026, 25€ en 2027).
Foi unha condición imposta pola CIG para evitar a conxelación salarial das persoas que menos cobran.
- Domingos e festivos:
|
|
2025 |
2026 |
2027 |
|
Domingos |
7€ |
9€ |
10€ |
|
Festivos |
15€ |
17€ |
20€ |
Retribucións mínimas e insuficientes (7€ por domingo en 2025, 15€ por festivo), unha miseria para quen sostén a atención sanitaria.
- Plus de datas especiais: 30€ para as quendas de Nadal, Ano Novo e Reis (dende as 22:00h do día anterior ás 22:00h)
- Plus de toxicidade: aínda non asinado o convenio, conseguimos que se recolla que este plus “aplicarase a todos os establecementos sanitarios, incluídas clínicas dentais, de fisioterapia ou estéticas”. Agora toca facelo cumprir centro a centro.
Os asinantes non variaron o resto da redacción, así que segue facendo referencia ao “persoal sanitario dos grupos I, II e III que establece a ordenanza laboral do 25 de novembro de 1976”, como mínimo é curioso xa que o mesmo convenio recolle unha nova clasificación
- Plus de transporte:
- Licenzas e permisos: quen asina non actualiza o artigo á normativa vixente, mais lembramos que a lei prevalece en todo o que sexa máis beneficioso.
Engadese o dereito retribuído a acudir ás consultas dos “especialistas do sistema público de saúde” e ás “probas diagnósticas prescritas” polo tempo indispensable.
- Formación e promoción profesional: apenas se transcribe o artigo 23 do Estatuto dos Traballadores. A regulación é mínima e insuficiente.
A CIG denuncia que este convenio perpetúa os baixos salarios e a desigualdade no sector sanitario privado de Pontevedra. Seguiremos esixindo condicións dignas e recoñecemento profesional para todas as traballadoras e traballadores do sector.
Para aclaracións, pódese poñer en contacto connosco no correo
sanidadeprivada@cig-saude.gal.
A CIG loitará centro a centro polos dereitos das persoas traballadoras e un convenio digno.
Novas Relacionadas
Últimas novas