Puntuacións definitivas dos exercicios de OPE de varias categorías
      Publicado hoxe en DOG
  
  
  
    
- Oposicións
 - Sanidade Pública
 
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polos/as aspirantes presentados/as en cada un dos exercicios que integran a fase de oposición dos procesos selectivos convocados polas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 14 e 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), para o ingreso nas seguintes categorías polas diferentes quendas de acceso:
Persoal sanitario facultativo: odontólogo/a de atención primaria.
Persoal sanitario non facultativo:
- Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (matrón/matrona),
 - enfermeiro/a especialista en saúde mental, enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria,
 - enfermeiro/a especialista en enfermaría pediátrica,
 - fisioterapeuta,
 - terapeuta ocupacional,
 - técnico/a superior en hixiene bucodental e
 - técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico.
 
Persoal de xestión e servizos:
- Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información,
 - enxeñeiro/a técnico/a,
 - técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da información,
 - grupo auxiliar da función administrativa e
 - celador/a.
 
Pincha neste enlace e accede á categoría a consultar.
Novas Relacionadas
Últimas novas