Puntuacións definitivas dos exercicios de OPE de varias categorías

Publicado hoxe en DOG

  • Oposicións
  • Sanidade Pública

Publícanse ás puntuacións definitivas obtidas polos/as aspirantes presentados/as en cada un dos exercicios que integran a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de:

  • facultativo/a especialista de área nas especialidades de Alergoloxía, Anatomía Patolóxica, Anestesioloxía e Reanimación, Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Aparello Dixestivo, Cardioloxía, Cirurxía Cardiovascular, Cirurxía Oral e Maxilofacial, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, Cirurxía Torácica, Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo, Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía, Endocrinoloxía e Nutrición, Hematoloxía e Hemoterapia, Medicina Física e Rehabilitación, Medicina Intensiva, Medicina Interna, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Microbioloxía e Parasitoloxía, Nefroloxía, Neurocirurxía, Neuroloxía, Oftalmoloxía, Oncoloxía Médica, Otorrinolaringoloxía, Pediatría e as súas áreas específicas, Pneumoloxía, Psicoloxía Clínica, Psiquiatría, Radiodiagnóstico, Reumatoloxía, Uroloxía, Xeriatría,
  • médico/a de admisión e documentación clínica,
  • médico/a asistencial do 061 e
  • médico/a coordinador do 061,

Pincha neste enlace e accede á categoría a consultar.

Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos nas bases 7) e 11) das resolucións de convocatoria dos procesos.

Volver