Puntuacións provisionais da fase de concurso da OPE de enfermeiro/a
Publicado hoxe en DOG
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeira/o.
Non son obxecto de publicación as puntuacións provisionais da fase de concurso daqueles aspirantes que adquiriron a condición de persoal estatutario fixo na categoría de enfermeiro/a no Servizo Galego de Saúde, logo da finalización do proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, convocado pola Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 216, do 14 de novembro), e resultan por tal motivo excluídos do proceso selectivo de concurso-oposición convocado pola Resolución de marzo de 2022 (DOG núm. 58, do 24 de marzo).
Os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o respectivo tribunal de selección no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 20 de xuño ao 3 de xullo de 2024).
A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para os efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso que se publicará no Diario Oficial de Galicia.