Puntuacións provisionais do concurso de méritos de estabilización de varias categorías
Publicado hoxe en DOG
Declárase, con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, e publicar as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes admitidos/as no proceso selectivo para o ingreso nas seguintes categorías de persoal estatutario:
Persoal facultativo:
– Médico/a de admisión e documentación clínica.
– Técnico/a de saúde de atención primaria.
– Farmacéutico/a de atención primaria.
Persoal sanitario non facultativo:
– Enfermeiro/a especialista en enfermaría do traballo.
– Logopeda.
– Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía.
– Técnico/a superior en dietética.
– Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.
– Técnico/a superior en radioterapia.
Persoal de xestión e servizos:
– Albanel.
– Calefactor/a.
– Cociñeiro/a.
– Condutor/a.
– Electricista.
– Fontaneiro/a.
– Lavandeiro/a.
– Limpador/a.
– Mecánico/a.
– Peón.
– Pinche.
– Pintor/a.
Contra as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, as persoas excluídas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación.
Os/as aspirantes admitidos/as poderán presentar a reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez (10) días hábiles (do 21 de xuño ao 4 de xullo), contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen reclamación contra os resultados da baremación provisional.
Novas Relacionadas
Actualmente non hai novas
Últimas novas