Puntuacións provisionais do concurso de méritos de postos de difícil cobertura de enfermeiro/a especialista en saúde mental
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publicacouse, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao proceso selectivo, na categoría de persoal enfermeiro especialista na especialidade de saúde mental.
Os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (do 19 ao 25 de xuño) .
A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para efectos de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.