Puntuacións provisionais do concurso de méritos de varias categorías
Facultativo/a especialista de atención primaria, facultativo/a especialista de área (en diversas especialidades), médico/a de hospitalización a domicilio, médico/a de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria
- Oposicións
- Sanidade Pública
Publícase na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as ao proceso selectivo, nas categorías de:
- facultativo/a especialista de Atención Primaria,
- facultativo/a especialista en Alergoloxía,
- facultativo/a especialista en Análises Clínicas,
- facultativo/a especialista en Anatomía Patolóxica,
- facultativo/a especialista en Anestesioloxía e Reanimación,
- facultativo/a especialista en Aparello Dixestivo,
- facultativo/a especialista en Cardioloxía,
- facultativo/a especialista en Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía,
- facultativo/a especialista en Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo,
- facultativo/a especialista en Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía,
- facultativo/a especialista en Endocrinoloxía e Nutrición,
- facultativo/a especialista en Farmacia Hospitalaria,
- facultativo/a especialista en Hematoloxía e Hemoterapia,
- facultativo/a especialista en Medicina Física e Rehabilitación,
- facultativo/a especialista en Medicina Interna,
- facultativo/a especialista en Microbioloxía e Parasitoloxía,
- facultativo/a especialista en Nefroloxía,
- facultativo/a especialista en Neuroloxía,
- facultativo/a especialista en Obstetricia e Xinecoloxía,
- facultativo/a especialista en Oftalmoloxía,
- facultativo/a especialista en Otorrinolaringoloxía,
- facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas,
- facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica,
- facultativo/a especialista en Psiquiatría,
- facultativo/a especialista en Radiodiagnóstico,
- facultativo/a especialista en Reumatoloxía,
- facultativo/a especialista en Uroloxía,
- médico/a de Hospitalización a Domicilio,
- médico/a de Urxencias Hospitalarias e
- pediatra de Atención Primaria
Contra os resultados da baremación provisional os/as aspirantes poderán presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución (do 26 de outubro ao 2 de novembro de 2023).
A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal para o efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.