Puntuacións provisionais e persoas aspirantes admitidas e excluídas no concurso de méritos de TCAE e PSX
O SERGAS prevé a súa publicación en SETEMBRO
- Oposicións
- Sanidade Pública
O SERGAS informa que non foi posible levar a efecto a previsión de publicación no mes de xullo da resolución pola que se declaran con carácter definitivo, as persoas aspirantes admitidas e excluídas na convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, e se publican as puntuacións provisionais para o ingreso nas categorías de técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e persoal de servizos xerais.
Aseguran traballar co obxectivo de poder publicar dita resolución en setembro.