Que pasa co acordo do 20 de abril?

CIG-Saúde denuncia que, ás portas da súa entrada en vigor, o SERGAS non deu os pasos necesarios para a súa aplicación

  • Mesa Sectorial
  • Sanidade Pública

O acordo do 20 de abril de 2023, que recolle melloras retributivas e reduce a xornada até acadar a equivalente ás 35 horas semanais, aínda non está publicado no DOG nin está actualizada a Orde de Nóminas. A súa aplicación ten efectos desde o 1 de xullo.

CIG-Saúde entende que hai cuestións concretas da aplicación do acordo que non poden quedar á interpretación das Xerencias das Áreas Sanitarias e que deben ser tratadas na Mesa Sectorial.

Gardas, atención continuada, nocturnidade e festividade

  • Precisamos os cadros con todas as contías actualizadas a 1 de xullo de 2023, e a 1 de xaneiro de 2024. E a publicación dunha nova Orde de nóminas

Descansos e organización das gardas

  • No mes de xuño a Mesa Sectorial tiña que analizar como se están aplicando as libranzas de gardas e o tratamento das gardas localizadas nos centros. O obxectivo é garantir os descansos diarios e semanais. CIG-Saúde defende que hai que establecer un máximo de horas de garda localizada.

Turnicidade nas quendas de tarde e deslizantes

  • Crear o complemento de turnicidade nas quendas de tarde e deslizantes en Atención Primaria.
  • CIG-Saúde defende que tamén se ten que retribuír o complemento de turnicidade nas quendas fixas de tarde de Atención Hospitalaria.

Xornada

  • Que as Xerencias apliquen o acordado, isto é que se reducirán 3 sábados no ano 2023, independentemente dos que figuren na carteleira, tanto en atención primaria coma en atención hospitalaria, e que a aplicación é efectiva desde o sábado 1 de xullo.
  • Revisar as categorías e centros nos que a compensación dos sábados se faga dunha forma singular: media hora todos os días, 2,5 horas á semana, unha tarde cada 3 semanas...
  • Hai que adaptar as táboas da xornada e as fórmulas do Acordo de Concertación Social (ACS), pasando no ano 2023 ás 1624 horas/ano.
  • A Xornada dos/as PSX e Celadores/as dos PAC é a recollida no ACS coa redución en función das noites realizadas.
  • Hai que adaptar as fórmulas do cálculo de xornada do persoal do acordo de PAC e de MUH.

CIG-Saúde exixe que se garanta a aplicación íntegra do acordo desde o 1 de xullo a todo o persoal estatutario do SERGAS, Axencias, Fundacións...

Volver