Que pasa coa asistencia os sábados pola mañá en Atención Primaria?

Basta XA de improvisación e desprezo ás traballadoras!

O Conselleiro de Sanidade volve demostrar, unha vez máis, o seu absoluto desinterese polas condicións laborais e polos dereitos das traballadoras.

Están informando as traballadoras que, a partir do 1 de abril, a actividade dos sábados en atención primaria pasará ao persoal do PAC…

Pero como pretenden facelo sen ter nin sequera modificada a normativa vixente?

  • O decreto de atención primaria segue sen cambiarse.
  • Non hai data clara: falan da última semana de marzo.
  • E mentres tanto… que pasa co 1 de abril.

QUEREN CAMBIAR AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DUN DÍA PARA OUTRO? Para CIG-Saúde este cambio supón un EMPEORAMENTO CLARO DAS CONDICIÓNS LABORAIS:

  • Máis fins de semana de traballo.
  • Máis carga horaria nas carteleiras.
  • Máis xornadas de 24 horas.

PRETENDEN MODIFICAR AS CARTELEIRAS POR DECRETO SEN NEGOCIACIÓN E SEN QUE SE COÑEZA O SEU CONTIDO PREVIAMENTE?

Todo son dúbidas, todo é opacidade, todo é improvisación.

É absolutamente INDECENTE que a día de hoxe as traballadoras non saiban:

  • Quen vai prestar asistencia os sábados.
  • En que condicións.
  • Con que organización.

E todo isto… SEN NINGUNHA CONTRAPRESTACIÓN ECONÓMICA. Pretenden que as traballadoras asuman máis carga, máis desgaste e peores condicións a custe cero.

  • SEN NEGOCIACIÓN.
  • SEN INFORMACIÓN.
  • SEN NINGUNHA COMPENSACIÓN.

Isto é un ATAQUE DIRECTO aos dereitos laborais. Desde CIG-Saúde denunciamos:

  • A falta total de diálogo.
  • A imposición constante do Conselleiro de Sanidade.
  • O desprezo ás traballadoras e á súa representación legal.

O CONSELLEIRO DE SANIDADE PODE PUBLICAR OS DECRETOS QUE QUEIRA, PERO SE NON RESPECTA OS DEREITOS DAS TRABALLADORAS, CIG-SAÚDE XA AVISA QUE HABERÁ MÁIS MOBILIZACIÓNS.

NON SOMOS PEZAS DUN TABOLEIRO!

NON IMOS ACEPTAR MÁIS ABUSOS!

AS TRABALLADORAS NON IMOS CALAR!

Volver