Réxime transitorio de selección de persoal temporal facultativo especialista de área
Mesa sectorial do 30 de decembro de 2022
- Mesa Sectorial
- Sanidade Pública
CIG-Saúde non apoiou a proposta do SERGAS e esixiu que unha vez rematado o réxime transitorio o 12/01/2023, que se apliquen as normas do pacto de selección temporal de FEAs, cunha oferta centralizada da contratación.
O SERGAS presenta unha proposta de prórroga das medidas transitorias de determinado persoal temporal de FEAs de atención hospitalaria.
- Crearase unha bolsa específica por distrito coas persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- Ser beneficiaria da garantía de estabilidade do Acordo de réxime transitorio do pacto de FEAs.
- Prestar servizos o 12 de decembro de 2022, excepto nas especialidades de Cirurxía ortopédica e traumatoloxía, e Medicina interna, que será o 4 de outubro de 2022.
- Chamarase con carácter prioritario ás persoas incluídas nesta bolsa específica para calquera nomeamento dentro dese distrito.
- A orde de prelación desta bolsa específica será polos servizos prestados na especialidade dentro do distrito.
- Dentro da bolsa específica de cada distrito ofertaranse contratos de longa duración a quen teña vínculo de curta duración. No caso de contrato de gardas ofertaranse como mellora os contratos de curta duración.
- As persoas incluídas nunha bolsa específica poderá recibir ofertas doutros distritos a través da lista xeral do Pacto de selección temporal de FEAs.
- Poderán renunciar sen penalización a ofertas doutros distritos.
- Causas de exclusión da bolsa específica dun distrito:
- Renunciar a un contrato nese distrito.
- Aceptar un contrato noutro distrito.
- No caso de indispoñibilidade de aspirantes na bolsa específica, ofertaranse os contratos a través das listas vixentes de selección temporal de FEAs.
- Vixencia das bolsas específicas de distrito:
- Aplicaranse para os contratos posteriores ao 12 de xaneiro de 2023.
- Extinguiranse cando finalice o prazo de toma de posesión dos procesos selectivos de estabilidade derivados da Lei 20/2021
Non houbo acordo na Mesa sectorial, e o SERGAS aplicará estas medidas de forma unilateral, que serán publicadas no DOG antes do 12 de xaneiro de 2023.