Raios do HUAC, faltan mans
A Comisión de centro do CHUAC convocou nova concentración este venres 11 ás 11:30 na rotonda do HUAC polo déficit de celadoras/es e técnicas/os en imaxe para o diagnóstico en raios de urxencias.
As/os pacientes do servizo de urxencias ven incrementado o seu tempo de atención en parte pola demora que acumula este servizo debido á falta de persoal.
É necesario dotar co persoal necesario para que se poidan axilizar os traslados a urxencias e a realización de probas, xa que isto tamén repercute no tempo que a/o paciente permanece en urxencias así como no tempo que permanece na sala de espera de raios. Esta sala non é un espazo de atención o que implica que non haxa os recursos humanos nin materiais para iso, dándose situacións por exemplo de que un paciente precise unha cuña e que se lle poida poñer.
A Xerencia non fixo ningún esforzo por achegarse o servizo, valorar as cargas de traballo e dotar do persoal necesario, continúa sen facerse eco das demandas das/os profesionais.
Por isto a Comisión continuará co calendario de mobilizacións ata que se revise a situación e se incremente o persoal necesario.
As/os pacientes merecen unha sanidade pública e de calidade!!